歌词
作词 : Bieito Romero
作曲 : Bieito Romero
编曲 : L.N.L.
制作人 : Luar Na Lubre
Amence paseniño nas terras do solpor.
As brétemas esváense coas raiolas do sol.
Meu amor, meu amor, imos cara o maior.
Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.
Acariña o silencio e escoita o corazón.
Que moitos dos teus soños latexan ao seu son.
Meu amor, meu amor, imos cara o maior.
Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.
É tempo de camiño andar e de non esquecer.
Que o futuro que ha de vir é o que has de facer.
Meu amor, meu amor, imos cara o maior.
Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.
E o sol vai silandeiro deitándose no mare.
Facéndonos pequenos con tanta inmensidade.
Meu amor, meu amor, imos cara o maior.
Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.